A Asociación Española de Comunicación Científica (AECC) e La Casa Encendida organizan o 4 de outubro de 2018 en Madrid a segunda edición de CerebroBoca, un evento único onde a innovación e a comunicación son inseparables. CerebroBoca é un encontro profesional destinado a comunicadores interesados na innovación e a persoas do mundo da innovación con interese na comunicación. Trátase dun encontro profesional, onde se realizarán relatorios, talleres e networking para que todos os asistentes poidan saír de alí coas ideas claras e ferramentas para desenvolver a comunicación nas súas empresas ou institucións.
Vai dirixido a todos os axentes que interactúan no ecosistema innovador: grandes empresas e institucións públicas e privadas, novos emprendedores, startups, axentes de innovación que poñen os seus coñecementos ao servizo da sociedade, persoal investigador de universidades e centros de I+D+i, así como persoal administrativo, profesionais do mundo da ciencia, a tecnoloxía, o medio ambiente, a saúde, a innovación social… e, por suposto, xornalistas e comunicadores.
Está aberta a convocatoria de propostas ata o 3 de setembro: sabes comunicar a innovación? Hai espazo para proxectos sobre comunicación da innovación en todos os seus ámbitos.
Non te perdas esta gran cita chea de innovación e comunicación!
Prezos:
-Entrada xeral: 50 €
-Socios AECC: 25 €
-Os socios de DivulgACCIÓN (e de ANIS, APIA, ACCC, ASETRAD, SciComPT e o alumnado do máster de comunicación da ciencia da UPF): 30 €. Este desconto do 40 % aplicarase sobre o prezo da entrada xeral, introducindo o código correspondente durante o proceso de compra (no caso de DivulgACCIÓN é AGCCCT).
Podes inscribirte aquí.
Cando: 4 de outubro de 2018.
Onde: La Casa Encendida, Madrid.
Segue as novidades no seu Twitter e na páxina web.