Chega o VI Encontro Anual de Divulgacción: Sábado 28 de outubro

Un ano máis celebramos o noso Encontro Anual. O evento desenvolverase na cidade de Pontevedra, no casco antigo, pois imos facer unha visita ao Museo de Pontevedra, comeremos na zona e celebraremos a asemblea e as actividades abertas ao público na Casa da Luz, que está na Praza da Verdura. Este é o programa completo: [...]

Programa do IV Encontro de Divulgacción

  A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica celebra en Vigo o seu IV Encontro anual. Nunha xornada aberta ao público presentaranse experiencias e boas prácticas no ámbito da divulgación científica en Galicia. Tamén se contará como invitado especial o escritor especializado na exploración polar Javier Cacho. […]

By |Outubro 31st, 2015|Para todos os públicos|0 Comments

Marcados para Sobrevivir: presentación do documental en Arcade e no Grove

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR, La Caixa, a Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra e o Grupo de Acción Costeira Ría de Arousapromoven a presentación do documental “Marcados para sobrevivir” ao sector pesqueiro, un acto que ten como obxectivo achegar ao público a importancia do coñecemento científico para a correcta xestión dos recursos pesqueiros. [...]

Noite efervescente

Noite Efervescente é un nanoproxecto de astronomía para todos, iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega e no que participan a Agrupación Astronómica IO e Astronomía na Beirarrúa e a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña. A Noite Efervescente terá lugar o sábado 15 de xuño, e consistirá [...]

By |Xuño 11th, 2013|Actividade, Para todos os públicos|0 Comments

Vestidas para a ocasión, as mámoas do Barbanza como nunca as viches

O programa Efervesciencia da Radio Galega e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do CSIC van vestir as mámoas da serra do Barbanza con lonas para evocar como se vían na paisaxe hai mais de 5000 anos. O evento é aberto a todo o público que se queira achegar e nel se gravará unha edición [...]

Achegándonos ao bosón de Higgs

Este ano 2013 imos ter con case que toda seguridade a confirmación de que o tan buscado “Campo de Higgs”, coa súa partícula asociada (o bosón de Higgs) ten sido atopado no acelerador de partículas LHC do CERN (Xenebra-Suiza). Outro día falarei desta enorme máquina, o LHC, pero nesta entrada vou presentar unha aproximación (espero divulgativa) sobre este asunto da “partícula de deus”. Isto que vai a continuación está baseado no texto titulado “A partícula de Higgs, ou como unha Europa dos cidadáns é posible posible”, que escribín hai uns meses para o excelente Blogue dun colega de ensino de Física e Química: JEANFRUJO […]

By |Febreiro 21st, 2013|Para todos os públicos|Comentarios desactivados en Achegándonos ao bosón de Higgs

Ciencia que Conta 2012 + Discurshow + Radio en directo

O sábado 15 de decembro, a partir das 16.00 h., entréganse na sede da Fundación Barrié en Vigo (rúa Policarpo Sanz 31), os premios do 5º concurso de relatos Ciencia que conta 2012, na que se presentaron un total de 216 relatos relacionados coa ciencia escritos por escolares de toda Galicia. […]

By |Decembro 13th, 2012|Actividade, NOVAS, Para todos os públicos|Comentarios desactivados en Ciencia que Conta 2012 + Discurshow + Radio en directo