Xa case é venres! Que nos espera no Punto Científico?

Xa case é venres. Pode que non esteas de todo decidido a pasarte pola Domus coa familia. Queres saber o que atoparás alí? Un exemplo do tipo de cousas que veremos é o traballo do Grupo Divulgare, dirixido polo Porfesor Luis Navarro. Esta semana presentaron un novo vídeo titulado "Ecoloxía e evolución de polimorfismos florais", [...]

By |Febreiro 21st, 2013|NOVAS, Punto Científico|0 Comments

Punto Científico na Domus o 22 de febreiro

Divulgacción organiza un novo Punto Científico que terá lugar na Domus na Coruña o venres 22 ás 16:30 da tarde. Durante mais de dúas horas toda a familia poderá gozar de teatro científico, música en directo, mini charlas de ciencia, e vídeos divulgativos de animación 3d. Este Punto enmárcase dentro das actividades do Festival por Amor ao Arte.  […]

By |Febreiro 15th, 2013|Actividade, Punto Científico|0 Comments

Punto científico en Lira: Isto nunca se fixera

O artigo orixinal de «Certo: xornal virtual do Barbanza» aquí. Divulgación científica: Lira acolleu o primeiro Entruido Científico da súa historia Nunha especie de serendipia, o Punto Científico que organizou a impronunciable Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGC CCT) cadrou co desembarco romano do Entruido de Lira e produciuse o que se pode considerar Primeiro Entruido Científico da historia liracha O astrónomo Borja Tosar con “Postal planetaria dende Marte”, o microbiólogo Esteban Fernández con “De camping coas bacterias”, o neurocientífico Casto Rivadulla con “Ata canto sabes contar?”, o químico Manuel Vicente con “O home apático”, a científica mariña Luisa Martínez con “Entroido Mariño” e o físico Pío González con “Biomateriais” misturáronse con Cleopatra e Julio César coas súas tropas, así como os resistentes locais, os da Torre dos Mouros, nunha tarde surrealista moi divertida e educativa […]

By |Febreiro 11th, 2013|NOVAS, Punto Científico|Comentarios desactivados en Punto científico en Lira: Isto nunca se fixera

Sábado 9 de febreiro: Punto Científico da AGC CCT en Carnota

A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGC CCT) celebrará este sábado, 9 de febreiro, unha gran actividade de divulgación científica e tecnolóxica aberta ao público xeral en Carnota. O evento, de carácter gratuito, desenvolverase nun ton lúdico e festivo, aproveitando a  celebración do Entroido. Deste xeito a Asociación pretende acadar un [...]

Éxito do Primeiro Punto Científico

A celebración do Primeiro Punto Científico organizado pola Asociación Galega de Comunicadores de Cultura Científica e Tecnolóxica foi todo un éxito, e para constat The Silver Bomb alo, publicamos unha serie de imaxes do evento recollidas pola cámara de Xurxo Mariño: zp8497586rq

By |Febreiro 20th, 2012|NOVAS, Punto Científico|Comentarios desactivados en Éxito do Primeiro Punto Científico

Primeiro Punto Científico de Galicia

O sábado 18 de febreiro de 12:00 a 14:00 horas celebrarase o Primeiro Punto Científico de Galicia na cidade de Ourense. Nesas 2 horas, sen interrupción, sucederanse as actuacións de científicos e divulgadores que conten cousas interesantísimas en 10 minutos. Arredor dese punto preténdese que estean a funcionar todo o tempo algúns obradoiros de actividades. [...]

By |Febreiro 9th, 2012|NOVAS, Punto Científico|Comentarios desactivados en Primeiro Punto Científico de Galicia