Divulgacción organiza un novo Punto Científico que terá lugar na Domus na Coruña o venres 22 ás 16:30 da tarde. Durante mais de dúas horas toda a familia poderá gozar de teatro científico, música en directo, mini charlas de ciencia, e vídeos divulgativos de animación 3d. Este Punto enmárcase dentro das actividades do Festival por Amor ao Arte.
A entrada é de balde ata completar aforo.
Programa
Teatro
– Que traballo tan curioso? Unidade de Cultura Científica do CSIC Galicia. Guión de Luísa Martínez
– Todo por unha eñe. Actuaciencia. Guión de Esteban Fernández
Vídeos 3d
– Estratexias adaptativas: Alarma contra ladróns. Divulgare, dirixdo por Luís online casino Navarro.
– A importancia dos lagartos nos ecosistemas insulares. Divulgare, dirixido por Luís Navarro.
– O Tikaalik, un pez fósil en movemento. Ernesto Carmena.
Pílulas científicas de 10 minutos
– Postal planetaria por Borja Tosar
– Ata canto sabes contar? por Casto Rivadulla
– Onde está a Meca? por Elena Vázquez
– A maxia da química por Tino Álvarez
– Escribiuse un crime: arqueoloxía dun camposanto, por Xurxo Ayán
Música en directo
– Camerata Brigantina dirixida por Florian Vlashi
Presentación
– Manuel Vicente