Noite Efervescente é un nanoproxecto de astronomía para todos, iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega e no que participan a Agrupación Astronómica IO e Astronomía na Beirarrúa e a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña.
A Noite Efervescente terá lugar o sábado 15 de xuño, e consistirá nunha velada de observación do ceo á que están convidados todos os amigos de Efervesciencia. Esta festa para gozar da astronomía celebrarase nun lugar privilexiado pola calidade do seu ceo nocturno, o albergue dos Biocos en San Xoán de Río (Ourense). Toda a info aquí.