Un ano máis celebramos o noso Encontro Anual. O evento desenvolverase na cidade de Pontevedra, no casco antigo, pois imos facer unha visita ao Museo de Pontevedra, comeremos na zona e celebraremos a asemblea e as actividades abertas ao público na Casa da Luz, que está na Praza da Verdura.
Este é o programa completo:
PROGRAMA EXCLUSIVO PARA SOCIOS
10.00h Visita ao Museo de Pontevedra, cunha guía especial orientada a divulgadores
12.00h Asemblea de Socios
14.00h Descanso para comer (lembra anotarte se queres comer con nós! Non te preocupes, o prezo do menú será asequible)
PROGRAMA ABERTO AO PÚBLICO. Casa da Luz, Pontevedra. Praza da Verdura. Entrada libre ata completar aforo
16.30h Debate: Crowdfunding: Unha reflexión sobre o crowdfunding en ciencia e divulgación
Roi Villar Vázquez, Presidente da Asociación de Comunicadores en Biotecnoloxía, creador de iLoveScience, Xefe de internacionalización de BioCAT
Alfonso Pérez Posía, Director do Departamento de Participación Privada da FECYT, Plataforma Principia
José Antonio Seoane, profesor de Filosofía do Dereito da UDC
Modera: Iolanda Casal, xornalista
18.00h Charlas
A informática tamén é cousa de mulleres
Javier Pedreira, Wicho, Responsable do departamento de informática nos Museos Científicos Coruñeses e coautor de Microsiervos
Galicia nos tempos do cambio climático
Xavier Fonseca, xornalista e divulgador científico. Historias del Tiempo, VTelevisión
Casa da Luz
Cartel do evento