About Ramón Cid Manzano

Licenciado en Física e en Química. Doutor pola USC. Profesor de Física e Química no IES de Sar (Santiago de Compostela). Profesor Asociado no Dpto de Didácticas Aplicadas (USC)

Jack Steinberger, un home bo.

É moi probable que a morte do físico Jack Steinberger (1921-2020), o día 12 de decembro de 2020, pase absolutamente desapercibida para a inmensa maioría das persoas -isto entra dentro do razoable- pero tamén mesmo para a maior parte dos amantes da Ciencia. Jack Steinberger foi un físico (especializado en Física de Partículas) que recibíu [...]

By |Xaneiro 30th, 2021|ARTIGOS DOS SOCIOS, NOVAS|0 Comments

TOMAS BATUECAS MARUGÁN: DIA DA CIENCIA EN GALICIA 2019

Como é sabido, estamos a celebrar durante este ano 2019 os 150 anos da publicación do primeiro Sistema Periódico dos elementos químicos e os 100 anos da creación da IUPAC (Unión Internacional de Química Pura e Aplicada. Por esta razón a UNESCO declarou o 2019 como Ano Internacional da Táboa Periódica. Non é casualidade que [...]

By |Outubro 10th, 2019|NOVAS|0 Comments

A Física: outra forma de poesía (*)

Ao longo de toda a historia da ciencia os homes e mulleres adicados a ela coincidiron en se esforzar por atopar regras precisas no aparente caos existente ao noso arredor, por illar patróns de comportamento nos fenómenos naturais, e, en definitiva, por procurar unha orde profunda na beleza da natureza. Este foi o principio de [...]

By |Outubro 13th, 2017|ARTIGOS DOS SOCIOS|0 Comments

Outra catedral a visitar en Compostela: LHCb Week.

Durante a construción do acelerador de partículas LHC en Xenebra, durante a primeira década deste século, xa quedou claro que os calificativos habituais, que debían ser empregados para o describír, dificilmente conseguirían ilustrar convenientemente as características da máquina científica máis grande e sofisticada construida polo ser humano. As súas dimensions físicas, as tecnoloxías utilizadas, o [...]

By |Setembro 11th, 2016|ARTIGOS DOS SOCIOS|0 Comments

Trinta anos de Chernobyl

A Rimma Kiselitsa (in memoriam) O tempo vai rápido. Pasaron xa trinta anos desde a catástrofe, e aínda haberá que agardar ao vindeiro 2017 para que o novo “sarcófago” ̶̶̶ chamado agora “O Arco” ̶̶̶  recubra as feridas deixadas polo maior desastre da tecnoloxía humana. Mais será só un apósito provisorio que esconderá a chaga [...]

By |Maio 3rd, 2016|ARTIGOS DOS SOCIOS|0 Comments

Antonio Casares no Ano Internacional da Cristalografía (2014)

A Asamblea Xeral de Nacións Unidas proclamou 2014 o Ano Internacional da Cristalografía, IYCr2014, conmemorando deste xeito, non só o centenario da difracción de raios X como ferramenta para o estudo da materia cristalina, senón tamén o 400 aniversario da observación de simetría nos cristais de xeo (Kepler, 1611), o que deu comezo ao estudo profundo da simetría nos materiais. Agora que se celebra este Ano Internacional da Cristalografía volve a aparecer con todo merecemento a figuara do científico galego do S.XIX Antonio Casares Rodríguez (Monforte 1812, Santiago 1888). […]

O poder da ciencia: esperanza para o futuro

Tráense aquí unhas reflexións, que aínda non moi novidosas, son importantes polos persoeiros que as aportan, e porque se suman á filosofía da AGC CCT. Moishe Pripstein, foi director de programas da “National Science Foundation US LHC participation at CERN”, e profesor no Lawrence Berkeley National Laboratory. George Trilling foi director do Department of Physics at the University of California, Berkeley, e da Physics Division at Lawrence Berkeley National Laboratory. Foi tamén presidente da American Physical Society. Aínda que estas reflexións están dirixidas, máis ben, ao público estadounidense, son absolutamente de recibo na situación de desamparo na que se atopa a ciencia e a tecnoloxía no noso entorno máis próximo. […]

By |Marzo 6th, 2013|NOVAS|Comentarios desactivados en O poder da ciencia: esperanza para o futuro

Simposio: “Transcendencia académica e social de Antonio Casares”

Ao longo da xornada do día 22 no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, reúne un grupo de voces que realizarán un achegamento multidisciplinar á figura do homenaxeado. A participación neste encontro está recoñecida con un crédito de libre configuración. […]

By |Febreiro 21st, 2013|Actividade, Convocatorias|0 Comments

Achegándonos ao bosón de Higgs

Este ano 2013 imos ter con case que toda seguridade a confirmación de que o tan buscado “Campo de Higgs”, coa súa partícula asociada (o bosón de Higgs) ten sido atopado no acelerador de partículas LHC do CERN (Xenebra-Suiza). Outro día falarei desta enorme máquina, o LHC, pero nesta entrada vou presentar unha aproximación (espero divulgativa) sobre este asunto da “partícula de deus”. Isto que vai a continuación está baseado no texto titulado “A partícula de Higgs, ou como unha Europa dos cidadáns é posible posible”, que escribín hai uns meses para o excelente Blogue dun colega de ensino de Física e Química: JEANFRUJO […]

By |Febreiro 21st, 2013|Para todos os públicos|Comentarios desactivados en Achegándonos ao bosón de Higgs