O sábado 15 de decembro, a partir das 16.00 h., entréganse na sede da Fundación Barrié en Vigo (rúa Policarpo Sanz 31), os premios do 5º concurso de relatos Ciencia que conta 2012, na que se presentaron un total de 216 relatos relacionados coa ciencia escritos por escolares de toda Galicia.

O programa Efervesciencia da Radio Galega retransmitirá o acto en directo, xunto con tv.uvigo.es. Durante a emisión farase unha recreación dos relatos gañadores en cada unha das categorías, entrevistas aos participantes e finalizará co fallo do concurso. Pecharase o acto co discurshow Protón. A fascinante historia dunha partícula inmortal… ou case,representado por Xurxo Mariño, profesor

da UDC, e por Vicente de Souza, actor e director de escena.

Ciencia que conta é un concurso de relatos científicos, dirixido ao gran público, que se convoca anualmente en Galicia dende o ano 2007 promovido por un grupo de profesores de ensino media e universidade. Se trata dunha actividade de carácter divulgativo, lúdico e participativo, cuxos obxectivos se centran na promoción da cultura científica, impulsar as vocacións en ciencia e concienciar á sociedade sobre a importancia da I+D+i, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.

A entrada é libre ata completar aforo.

Entrega de premios

zp8497586rq