O programa Efervesciencia da Radio Galega e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do CSIC van vestir as mámoas da serra do Barbanza con lonas para evocar como se vían na paisaxe hai mais de 5000 anos. O evento é aberto a todo o público que se queira achegar e nel se gravará unha edición especial do programa Efervesciencia. A cita é o venres 14 de xuño ás 6 da tarde. Toda a información aqui.