A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica celebra en Vigo o seu IV Encontro anual. Nunha xornada aberta ao público presentaranse experiencias e boas prácticas no ámbito da divulgación científica en Galicia. Tamén se contará como invitado especial o escritor especializado na exploración polar Javier Cacho.

A cita é o venres 6 de novembro de 18:15 a 21:00 na librería “Casa del libro de Vigo” con entrada libre ata encher aforo con este horario:

18:15 – 19:30 Compartido experiencias

“1 Minuto de Biomedicina” por Joana Magalhães (CIBER-BBN, INIBIC)

“Éche así: ciencia na TVG” por David Ballesteros (Ceo Aberto)

“Relatividade para todos” por Xabier Prado (IES Pedra da Auga)

“Arde sobre queimado no Era Visto!” por Luisa Martínez (UCC CSIC-Galicia)

19:45 – 21:00 Relatorio invitado

“Shackleton: atrapado no xeo” por Javier Cacho (Escritor, investigador y divulgador na UCC do INTA)

Javier Cacho é autor de “Amudsen-Scott: duelo en la Antartida” e “Shackleton, el indomable” (Ediciones Forcola) onda narra con mestría os inicios da exploración polar. Coñece de primeira man a Antártida tras participar en varias expedicións de investigación sobre o burato de ozono. Foi o responsable do Laboratorio de Estudos da Atmosfera do Instituto Nacional  de Técnica Aeroespacial (INTA), onde actualmente traballa na súa unidade de cultura científica.

Podes descargar aquí o cartel da xornada.

Cartel-Asemblea-2015_email